jueves, 12 de noviembre de 2015

MUSEO DO HUMOR DE FENE E TEATRO DE NARÓN

O día 11 de novembro visitamos o MUSEO DO HUMOR en Fene. Centrado no humor gráfico, é o único do seu xénero que hai no país. Entre os seus fondos encóntranse orixinais de humoristas como Xaquín Marín, Siro, Chumy Chúmez, Máximo, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa. Tamén aproveitamos para ir ao teatro a Narón para ver a obra "Jim e a Illa do Tesouro" de Jokin Oregi.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

FESTA DA FROITA

Os alumnos do 3º e 4º curso de primaria encargámonos de recopilar e elaborar receitas con froitas da nosa zona. Cada curso encargouse de cociñar dúas desas receitas. Fixemos tamén unha presentación  coa información que recollemos sobre os distintos froitos que empregamos na súa elaboración.