jueves, 12 de diciembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
lunes, 11 de noviembre de 2013
O SAMAÍN E A FESTA DA FROITA
Celebramos o SAMAÍN, os nenos trouxemos unha cabaza grande que adornamos para festa da froita.
Tamén trouxemos outra cabaza e sacámoslle as pebidas, que puxemos a secar. Coa súa polpa fixemos unha torta riquísima. Pasámolo moi ben e esperamos que vos guste.
lunes, 4 de noviembre de 2013
LIBRO DE RECEITAS
Os alumnos/as de 2º ciclo fixemos un libro de receitas de cabaza, para celebrar a "FESTA DA FROITA" deste ano, cada neno aportou unha receita de cabaza.
martes, 1 de octubre de 2013
BENVIDOS/AS AO BLOG "O XARDÍN DO PASATEMPO"
Un curso máis os nenos/as de terceiro de primaria, comezamos a nosa andaina polo mundo virtual. Esperamos que vos guste o noso traballo.
miércoles, 26 de junio de 2013
TRABALLO COMARCA DO EUME
María Beceiro, Uxía Martínez, Aldara Vila e Aitor Blanco para facer o traballo tivemos que buscar información sobre a comarca, logo elaborámola e mandámola ao correo da nosa profesora. A continuación na aula de informática do colexio fixemos esta presentación.
miércoles, 19 de junio de 2013
O NOSO TRABALLO
David Purriños Pazos, Lucía Fernández González e Zaira García Edreira. Fixemos este traballo en grupo, buscamos información nos libros, na rede e en folletos.
Primeiro lemos e logo resumimos ó que nos pareceu máis interesante. Despois
na aula de informática fixemos unha presentación con todo ó que
redactamos, buscamos imaxes relacionadas co tema e pegámolas na
presentación.
DESCUBRINDO A COMARCA DO EUME
Andrea Pardo González, Iria Fernández Rodríguez e Brais Infante Rodríguez, vivimos na comarca do Eume, e por iso a nosa profesora Mª Jesús mandounos facer un traballo da nosa comarca, para despois pasalo a unha presentación e aquí está.
EUME TRABALLO
Xurxo Abraira Castro, Alexandro Sánchez Lourido e máis Sergio Infante
Stylianou. Recollimos información na rede e nos libros e folletos que
nos facilitaron na biblioteca. Logo na aula de informática fixemos unha
presentación.
PRESENTACIÓN GRUPO D-1alex xurxo
View more presentations or Upload your own.
viernes, 3 de mayo de 2013
VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA
Visitamos o museo do Domus, que é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano.
O Aquarium Finisterrae encóntrase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Destaca a sala Nautilius Decorada ao estilo do Gabinete do Capitán Nemo no Submarino Nautilus, é unha sala de observación inmersa nunha gran piscina de 4,4 millóns de litros, onde nadan os maiores peixes do Atlántico. Entre eles destaca Gastón, unha Quenlla Touro macho.
A Casa das Ciencias foi o primeiro museo interactivo público de España. Está no palacete do Parque de Santa Margarita, ten un planetario e tres plantas de exposicións: experimentos físicos, exposición temporal e actualidade científica. Na planta baixa hai unha incubadora de poliños,e no oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault .
martes, 30 de abril de 2013
BECHOS PEQUERRECHOS
Este é o traballo que fixemos para recibir a ilustradora galega María Lires, que nos visitou o 25 de abril. Gustoulle moito e nós estamos moi ledos. Queremos darlle as grazas pola dedicatoria que nos asinou na portada.
martes, 5 de marzo de 2013
VISITA Á "ESCOLA DE CERÁMICA DO CASTRO"
O día 12 de novembro fomos á "ESCOLA DE CERÁMICA DO CASTRO" en Sada, explicáronnos toda a historia e como funciona a cerámica de Sargadelos, logo fixemos unha taza cada neno e deixámoslas alí para que as meteran no forno. Despois de tres meses chegaron todas as tazas.
sábado, 12 de enero de 2013
LA GALLINA Y EL ZORRO
Nesta fábula participamos todos, cada un aportou as súas ideas, logo María seguindo as normas de como escribir un conto, redactou a nosa primeira fábula. Esperamos que sexa do voso agrado.
Presentación FÁBULA
View more presentations or Upload your own.
miércoles, 2 de enero de 2013
O NADAL
Este ano recollimos panxoliñas e cantigas preguntando ós avós e ás persoas maiores e logo decidimos cantalas no festival de nadal, para que se sigan escoitando. Neste vídeo estamos ensaiando unha panxoliña recollida por María Beceiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)