Visitamos o museo do Domus, que é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano.
O Aquarium Finisterrae encóntrase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Destaca a sala Nautilius Decorada ao estilo do Gabinete doCapitán Nemo no Submarino Nautilus, é unha sala de observación inmersa nunha gran piscina de 4,4 millóns
de litros, onde nadan os maiores peixes do Atlántico. Entre
eles destaca Gastón, unha Quenlla Touromacho.
A Casa das Ciencias foi o primeiro museo interactivo público de España. Está no palacete do Parque de Santa Margarita, ten un planetario e tres plantas de exposicións: experimentos físicos, exposición temporal e actualidade científica. Na planta baixa hai unha incubadora de poliños,e no oco da escaleira central oscila unpéndulo de Foucault.