sábado, 17 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

Celebramos o SAMAÍN, os nenos trouxemos unha cabaza, da pranta que cada neno levamos na primavera para plantar na nosa horta. Agora sacámoslle as pebidas, que puxemos a secar. Coa súa polpa fixemos unha torta riquísima e a cabaza adornámola para o concurso de cabazas do cole. Pasámolo moi ben e esperamos que vos guste. 

 

lunes, 5 de noviembre de 2012

ACRÓSTICOS DE FROITAS

Co gallo da celebración da "FESTA DA FROITA", os nenos de cuarto fixemos estes acrósticos, elixindo cada neno unha froita de outono.

martes, 30 de octubre de 2012

BENVIDOS/AS O BLOG "XARDÍN DO PASATEMPO"

Un ano máis os nenos/as de cuarto de primaria, comezamos a nosa andaina polo mundo virtual. Esperamos que vos guste o noso traballo.



jueves, 14 de junio de 2012

A SEMENTEIRA

Os alumnos de 2º Ciclo un ano máis fixemos a sementeira da cabaza. Os nenos traemos as macetas e a terra da nosa casa, logo no colexio sementámolas e cando xerminan e medran levámolas para transplantar na horta. No outono traeremos as cabazas para o Samaín e aproveitaremos para facer unha torta.      

martes, 15 de mayo de 2012

AS AVENTURAS DE CUARTO

Os alumnos de cuarto contamos as nosas aventuras redactando uns contos. Estes contos utilizámolos para facer actividades de aplicación das TICs, procesando os textos e insertando debuxos feitos por nos, imaxes e fotografías que atopamos a través da rede. 

viernes, 13 de abril de 2012

VISITA A CENTRAL DE MEIRAMA

No mes de marzo visitamos a central térmica de Meirama. Foi unha actividade moi interesante. Explicandonos, in situ, detalladamente todo o funcionamento da central, ventaxas da producción de enerxía e tamén desventaxas como pode ser a contaminación.

martes, 10 de abril de 2012

O BAUTISAMO DE MAR

          O día 28 de marzo visitamos o arsenal. En primeiro lugar subimos a bordo do remolcador "Y-122" e demos unha volta pola ría de Ferrol ata os castelos de San Felipe e da Palma, escoltados por unha lancha-patrulla da Garda-Civil.

          Mais tarde visitamos o Museo Naval cun guia que nos iba explicando as maquetas, cadros, bandeiras, restos de barcos fundidos, mascaróns de proa, e instrumentos músicais doutra época.