jueves, 3 de junio de 2010

OS ACRÓSTICOS

Os nenos/as participaron no concurso "Mi Primer Acróstico" organizado por JOVENES ESCRITORES,cada neno colleu as letras do seu nome, para formar listas de palabras que definen como é cada un. Tamén elixiron una palabra para formar coas súas letras una poesía.Con este material elaboramos dous libros que agora vos presentamos.

miércoles, 21 de abril de 2010

A granxa dos Andrade

Un grupo de nenos/as de cuarto curso escribimos a nosa obra de teatro, que logo representaremos o día das letras Galegas, si temos tempo para preparala.

martes, 13 de abril de 2010

A SEMENTEIRA

Os nenos/as de 2º ciclo botamos en macetas as sementes de calabaza que recollimos , cando as vaciamos polo Samaín, para facer coa súa polpa unha tarta. As sementes secámolas e gardámolas en follas de xornais.
Agora chegou a hora de sementalas, para cando xerminen e nazan as novas plantas, levaranas ás súas casas para plantalas nas hortas.

lunes, 22 de febrero de 2010

PROGRAMA XOGADE

Os alumnos de 2º ciclo participamos cos nenos de Franza en varios xogos deportivos, no pavillón polideportivo "A Casqueira" de Pontedeume, o día 21 de decembro.
Se queredes ver o resto das fotos premede no seguiente enlace fotos.

viernes, 5 de febrero de 2010

O DÍA DA PAZ

O día 29 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio. Os alumnos/as de cuarto fixemos uns poemas que podedes escoitar e unhas pombas que podedes ver neste vídeo, tamén colaboramos na elaboración dun mural
.

A PAZ 2010 from Andrade on Vimeo.

lunes, 1 de febrero de 2010

BENVIDOS/AS O BLOG DO XARDÍN DO PASATEMPO

Os nenos/as de cuarto comenzamos unha nova andaina polos mundos virtuais, esperamos que vos guste o noso traballo e que participedes cos vosos comentarios