Viaxamos a Mougá (Ferrol) para visitar a "Aula de Reciclaterra",úbicada no antiguo vertedoiro de lixo e que agora está trasformada nunha nova paisaxe. Na "Aula de reciclaterra" amosáronnos a distintas técnicas da reciclaxe do papel, do vidro, de pilas,de fibras téxtiles, de aceites usados....
Dende o alto do miradoiro comtemplamos e observamos a paisaxe do entorno.
miércoles, 28 de septiembre de 2011
DA SEMENTE Á PRANTA
Coas sementes que recolllemos no mes de outono e despois de gardalas no papel dun xornal fixemos nesta primavera a sementeira. En pequenas macetas recheas de terra, enterramos as sementes e naceron unhas novas prantas de cabaza, que cada un de nós levamos para a casa, para trasplantar na horta. Así cando chegue o mes de outono poderemos facer unha nova receita de respostería.
Da semente a pranta on PhotoPeach
Da semente a pranta on PhotoPeach
O ENTROIDO
Chegou o entroido. Este ano imos de persoaxes do medievo. O segundo ciclo eliximos ir de DAMAS e CABALEIROS CRUZADOS . Sin pensalo moito puxémonos a confeccionar os traxes, os cascos, os toucados... Pasámolo moi ben.Aqui tedes unha mostra.
SAÍDA POLA COMARCA DO EUME
O día 21 de outubro realizamos unha saída pola zona do Eume. Saímos do colexio as 9:30 horas cara a Capela para visitar o Museo etnográfico. Logo fixemos un roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume. As 13:30 horas xantamos no entorno do museo etnográfico. As 3:00 horas saímos para o Castelo de Moeche e voltamos ao atardecer. Foi unha excursión moi interesante.
A TORTA DE CABAZA
Este outono os nenos de 3º e 4º vaciamos unha cabaza, sacámoslle as sementes e puxémolas a secar en follas de xornais. Coa súa polpa fixemos unha tarta que estaba boiiisima.
BENVIDOS/AS O BLOG "A NOSA CLASE FANTÁSTICA"
Os nenos/as de terceiro curso de primaria, empezamos unha nova andaina polo mundo virtual. Esperamos que vos guste o noso traballo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)